VISITA DE PAULA MERLÁN

Este xoves, día 21, contamos na escola coa visita da escritora Paula Merlán. Esta actividade foi organizada polo equipo de biblioteca do centro e ía dirixida a todo o alumnado da escola. Os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos xunto co alumnado de 1º e 2º de primaria acudimos nunha mesma quenda ao salón de actos para desfrutar da lectura do conto "El dedo en la nariz" escrito por Paula e ilustrado por Gómez. 
Despois presentounos o seu novo libro titulado "Pequeño botón" e firmou os libros de aqueles nenos e nenas que contaban con algún título desta autora.
Ademais tivo un agasallo moi especial: a cabaza de Sofía que fixeron os compis de 4 anos no Samaín. Encantoulle!


Deixámosvos a dirección do blogue de Paula por se queredes botarlle una ollada…


Moitas grazas Paula por compartir con nós este ratiño e achegarnos o teu traballo con tanto agarimo. Esperámoste de novo no cole de Esteiro!



Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023