Empezamos o proxecto do corpo humano na clase de 5 anos.
Grazas a Estefanía, a nai de Gabriela, que contestou todas as preguntas dos nenos e nenas.
Tamén puidemos escoitar o latexo do seu bebé.
Ola familias!! O curso e o ciclo de infantil xa chega ao seu fin, pero hai que despedilo como se merece. Para elo, preparamos un baile de fin de curso chamado MAMMA MÍA . Podedes velo no seguinte vídeo. MAMMA MIA de SORAYA Tamén puxemos audio ao CONTO VIAXEIRO elaborado por todo o grupo clase. Quedou espectacular! Ademáis, non podía faltar FOTOS das mestras e mestres, así como dos nenos e nenas durante os 3 cursos de infantil, no seguinte vídeo: E para rematar entrega de ORLAS . Só teño palabras de agradecemento por estos 3 anos e emociónome en pensar que os botarei moito de menos. Espero que deixara unha pegada no seu corazón. MOITA SORTE e a conseguir todos os vosos soños!!! SORAYA
Os nenos e nenas de 4º de EI levamos unhas semanas no cole de Esteiro :-) Novos amigos, novas amigas, espazos diferentes... unha morea de novidades nestas primeiras semanas de adaptación á escola. No video veredes parte deste proceso, esperamos que vos guste!
O 13 de xuño visitamos o Muíño de Pedroso, en Narón, onde participamos nunha morea de talleres que foron moi interesantes: Horta ecolóxica Pegadas de animais Herbas aromáticas: s ales de baño e sacos aromáticos O día non acompañou e a choiva estivo presente gran parte do tempo, así que os monitores e monitoras tiñan todo preparado con carpas para non mollarnos e poder realizar todas as propostas. Na horta quitamos follas estropeadas, removimos a terra para preparala para sementar, atopamos caracois, formigas e outros animaliños e plantamos unha leituga que puidemos levar para casa. No taller de pegadas participamos nun xogo para coñecer unha morea de animais do bosque, desde a pega ata o esquío, pasando pola marta ou a curuxa. Polas características que dicían as monitoras tiñamos que adiviñar de que animal se trataba e despois relacionar coa súa pegada. Sabiades que a pegada da curuxa é como a letra K pero ao revés? Despois do xogo, estampamos unha pegada nun an...
Comentarios
Publicar un comentario