As profes María, Soraya e Ana damos a benvida aos nenos e nenas do Cole de Esteiro. Empeza un novo curso cheo de ilusións, novos proxectos e novas experiencias e aprendizaxes.
O 11 de setembro os peques de 4º de educación infantil comezamos a nosa andaina no cole de Esteiro. Novos espazos, novos compas, novo profesorado, moitas novas experiencias ás que estamos vivindo! Falando de espazos... mirade que bonita é a nosa clase :-) Levamos pouquiño tempo na escola pero xa imos facendo amigos e amigas, aprendendo os seus nomes, creando vínculos afectivos con pequenos e maiores, establecendo rutinas e coñecendo os diferentes espazos da escola: aula, parque, biblioteca... No video veredes unha pequena mostra destas primeiras semanas no cole. Esperamos que vos guste!
Tempo de Samaín e Magosto , celebracións vencelladas ao cambio de estación, á chegada do outono e de froitos e froitas como as cabazas e as castañas, protagonistas- sen dúbida- destas datas. O día 30 e 31 de outubro celebramos na escola o Magosto e o Samaín . Houbo algunha novidade, como a visita dun castañeiro, Carlos. Este recibíunos no patio cuberto, cun carro con forma de locomotora no que asou unhas saborosas castañas. Despois de recollelas voltamos ás clases para encher os cucuruchos e saír de novo, para compartir o Magosto con todos os nenos e nenas de infantil. Para o Samaín traballamos arreo baleirando e decorando cabazas, aportadas polas familias. Houbo meigas , arañas , monstros e ata uns minions ! Entre todo o alumnado conseguimos facer unha exposición ben terrorífica e colorida, con cabazas de moitos tamaños e formas. Ademais aqueles que o desexaron puideron acudir disfrazados, dando un ambiente festivo a un día tan especial. Grazas a todos e todas os que fixésted
No mes de xuño non pode faltar a saída de fin de curso, que fixemos o xoves -día 8- á Granxa Belelle , en Neda. Despois da viaxe en autobús, os monitores recibíronnos á chegada e distribuíronnos en grupos para poder facer todos os talleres. Estes foron: coidados e plantación no horto , visita aos animais (domésticos e exóticos) e paseo en poni . Fomos visitando as instalacións, cada grupo acompañado dun monitor: Juani, Xurxo, Begoña... Todos e todas explicaron moitos detalles dos animais, como a súa orixe e alimentación. Coñecimos á vaca Shakira , ao burro Trancas , á mini poni Xeada -que tiña un fillo aínda máis mini-, a cobaia Grey ... Tamén vimos ás aves, pavos, galiñas, galos; e outros animais como a llama ou o dromedario , que nos botou a lingua para saudarnos. No taller de horto prantamos unha semente de faba ; como este ano prantamos na escola sabiamos un montón de cousas, pero aínda así foi moi interesante escoitar as explicacións sobre os coidados da semente. A ver se ha
Comentarios
Publicar un comentario