CONTO XOGAR A PENSAR

   CONTO: “AS INCRIBLES AVENTURAS DE BOB E LUCÍA”

   No tempo de “Xogar a Pensar” o alumnado de 5 anos inventou un conto; esta actividade desenvolveuse en varias sesións. O Mago Gusanito presentou un folio no que aparecían dúas liñas, nesta primeira sesión analizamos como eran: longas, rectas, negras, … e por moito que se alongasen nunca se cruzarían; concluímos que se trataba de dúas liñas paralelas. 




  
    Na segunda sesión Gusanito propuxo que cada quen convertese esas dúas liñas nalgunha cousa que se lle ocorrese, a única condición que puxo foi que as liñas fosen unha parte do debuxo (en horizontal ou en vertical); así foron aparecendo árbores, pesas, cadros, vías do tren, casas, cataratas, camiños, bonecas, parques, parking...

   O terceiro día clasificamos os debuxos en: personaxes, lugares e cousas. A partir desta clasificación inventamos o conto entre todos e todas e buscámoslle un título que lle quedase ben “As incribles aventuras de Bob e Lucía”. Unha vez que estivo montado o texto coas ilustracións, fixemos unha revisión do mesmo mellorando algunhas expresións, engadindo algunha frase e suprimindo outras que consideramos superfluas; este foi o resultado:


GUSTOUNOS MOITO E ESTAMOS ENCANTADOS!!! XA TEMOS UN CONTO NOVO NA NOSA BIBLIOTECA DE AULA.

Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023