APRENDENDO XUNT@S
Esta semana os nenos e nenas de 3 anos tiveron dúas visitas moi especiais.
A primeira foi a de Diego e Mateo, da aula de 5 anos. Con Diego e Mateo os nenos e nenas de 3 anos souperon moito máis sobre os robots que viaxaron a Marte. Con eles descubriron que foron moitas as misións adicadas a explorar Marte pero que non todas saíron adiante. Os pequenos e pequenas tamén se animaron a facerlles algunha pregunta sobre os robots, as súas diferencias, que estaban facendo en Marte, etc. Quedaron abraíados/as de todo o que sabían Diego e Mateo. Moitas gracias a eles dous por contarlles tantas cousas interesantes aos pequenos e pequenas e por formar un equipo tan ben coordinado!

A segunda visita foi a de Nico e Clara, da aula de 4 anos. Nico e Clara trouxeron á clase unha maqueta da InSight, a última misión enviada a Marte.
Nico e Clara lles contaron as partes do aterrizador, para que servían cada unha de elas, e foron ilustrando as súas explicacións a través da maqueta. A verdade é que o fixeron xenial e mesmo lles deixaron ver a maqueta de cerca. Os nenos e nenas de 3 pasaron un rato maravilloso con eles dous, a quenes lles damos as gracias por compartir con eles e elas as cousiñas que xa saben, que non son poucas!
Saúdos
Comentarios
Publicar un comentario