AS MASCOTAS DE AULA

Como moitos e moitas xa sabedes en cada unha das aulas de educación infantil temos uns compañeiros que nos seguirán ao longo do presente curso, as nosas mascotas de aula. 

A elección das mascotas sempre é un proceso complicado, por eso, antes de elexir á mascota levase a cabo unha votación con diferentes opcións propostas polos nenos e nenas.


Unha nena de 4 anos votando 


Reconto de votos en 4 anos

Despois das duras votacións e o reconto de votos descubrimos quen será a nosa mascota de aula. Neste caso, na aula de 4 anos os nenos e nenas na sua maioria elixiron coma mascota un hamster ao que chamaron Trencitas.



Trencitas, mascota da aula de 4 anos

Pola súa banda, na aula de 5 anos os nenos e nenas decidiron que querían ter na aula un pez globo, ao que chamaron Pinchitos



Pinchitos, mascota da aula de 5 anos

E por último, os mais pequenos e pequenas do cole, os nenos e nenas de 3 anos, despois dun intenso debate, elixiron entre varios bonecos que tiñan na clase. Finalmente decidiron que a mascota perfecta sería un pingüín de peluche ao que chamaron Pepín.



Pepín, mascota da aula de 3 anos

En definitiva, esta actividade resulta moi interesante para os nenos e nenas xa que a mascota transita de casa en casa e serve para establecer lazos de unión entre a escola e o colexio. 




Na aula de 3 anos, contando a fin de semana que pasaron con Pepín


Saúdos

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023