Entradas

DÍA DA PAZ 2022: LENDA DAS 1000 GRULLAS DE SADAKO SASAKI

Imagen
           Este ano, o DÍA DA PAZ está adicado a unha lenda moi emotiva:    A  LENDA  DAS 1000 GRULLAS DE SADAKO SASAKI .    Todo comeza na Segunda Guerra Mundial, cando o 6 de agosto de 1945, cae unha bomba na cidade de Hiroshima.     Sadako tiña 2 anos e sobrevive á bomba, pero non aos efectos nocivos da mesma.    En 1955, á idade de 12 anos, cae enferma. No hospital, a súa amiga Chizuko lle menciona a lenda das 1000 grullas de papel: "Aquela persoa que realice 1000 grullas, o seu maior desexo farase realidade".     Sadako pedíu sanar, pero tamén que ningún nen@ enfermara polas guerras.      Non puido ser, e Sadako morreu cando tiña feitas 644 grullas. A súa amiga Chizuco, os seus compañeir@s de clase e os seus pais seguiron realizando grullas ata alcanzar as 1000.    Os pais de Sadako deron a coñecer a súa historia, converténdose a GRULLA   nun símbolo mundial da p...

NADAL 2021

Imagen
            Este NADA L continuamos cheos de ILUSIÓNS e FANTASÍA , aínda que seguimos coas restriccións e mantendo a seguridade en todo momento.                Con todo elo, o cole de Esteiro preparou unha chea de actividades:               -1) Dende a BIBLIOTECA , organizouse unha  EXPOSICIÓN con libros do nadal e tivemos unha  sesión  de CINE para os máis pequerrech@s. Non faltaron as pombas de millo !!!! QUE  RICAS!!                  -2) Preparamos o noso ADORNO DE NADAL e con todos eles confeccionamos dúas árbores na cortiza da entrada. QUE CHULAS quedaron!!!!!             Esperamos que queden preciosos nas árbores das vosas casas 💓            -3) Tamén contamos cunha sesión de MAXIA NO NADAL .            Un gran m...

25 N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2021

Imagen
      O CEIP DE ESTEIRO PON EN VALOR A IMPORTANCIA DE CELEBRAR O DÍA INTERNACIONAL CONTRA  A VIOLENCIA DE XÉNERO: 25 N.            ESTE ANO CELÉBRASE ESTA CONMEMORACIÓN DE DIFERENTES MANEIRAS:         -1) PRIMEIRO, A PESCADORA DE HISTORIAS LEVOU A CABO UNHA  SELECCIÓN DE DIFERENTES LIBROS SOBRE VALORES, PODENDO ESCOLLER UN LIBRO, PARA LER NA HORA DE LECTURA, NO  RECANTO DE IGUALDADE.          -2) ADEMÁIS, A  ASOCIACIÓN   DE ANPAS DE FERROLTERRA PROPÓN UNHA ACTIVIDADE RELACIONADA  CON ESTA TEMÁTICA. NAS AULAS FALOUSE DO QUE É A VIOLENCIA, QUE COUSAS SON VIOLENTAS E QUE PODEMOS FACER PARA QUE NON EXISTA. OS NENOS E NENAS DE INFANTIL ESCRIBIRON E/OU DEBUXARON UNHA MENSAXE NUN PAPEL IMPRESO COAS VIOLETAS (MASCOTA DAS ANPAS), QUE LOGO COLOCARÁN NAS VIOLETAS TAMAÑO REAL.             TODAS AS VIOLETAS DOS CENTROS PARTICIPANTES SERÁN...

DÍA DO PEÓN 2021

Imagen
       COMO TÓDOLOS ANOS CELEBRAMOS O NOSO DÍA DO PEÓN NO COLE DE ESTEIRO.    PRIMEIRO, DECORAMOS AS BUXAINAS DE MADEIRA. CADA NEN@ PINTOUNAS DUNHA COR DIFERENTE UTILIZANDO TÉMPERA E UN PINCEL. QUEDARON SÚPER CHULAS!!!!     O MESTRE DE EDUCACIÓN FÍSICA, GONZALO , ENSINOUNOS COMO SE BAILAN OS PEÓNS E CALES SON AS SÚAS PARTES.  A CLASE DE 5 ANOS SÁBENAS TODAS, SEGURO!! PARA ELO FIXERON ESTE GRAN MURAL DO PEÓN.      SÓ NOS QUEDA UNHA COUSA:   A BAILAR AS NOSAS BUXAINAS!!!         DISFRUTAMOS MOITO DESTE XOGO TRADICIONAL E NÓS FACEMOS TODO O POSIBLE PARA QUE @S NEN@S NON O PERDAN E PODER DISFRUTAR DEL MOITOS ANOS MÁIS.    PODEDES VER NO SEGUINTE VÍDEO TODAS AS ACTIVIDADES REALIZADAS:

SAMAÍN E MAGOSTO 2021

Imagen
Rematando o mes de outubro é tempo de conmemorar dous momentos moi especiais: O Samaín e o Magosto .  Para festexar o Samaín decoramos varias cabazas por aula, aportadas polas familias de varios nenos e nenas, con diferentes técnicas e materiais.  O Equipo de Dinamización de Lingua Galega solicitou a nosa colaboración para crear uns debuxos sobre o medo , así que tamén estivemos atarefados pensando, debuxando e decorando monstros e zombies. Os días 28 e 29 visitamos a exposición de cabazas e debuxos , que quedou terroríficamente xenial!  O venres, fixemos unha merenda con produtos típicos de outono para celebrar o Magosto. Ademais puidemos vir disfrazados, así que o ambiente era moi festivo :-) O outono segue o seu curso e agora toca poñernos a traballar na decoración da exposición de froitos que haberá proximamente. En breve contaremos por aquí o que estamos argallando! Graciñas a todas as familias ,  sodes unha parte fundamental para poder celebrar estas datas, ...

VISITA MUÍÑO DE PEDROSO

Imagen
    O PASADO XOVES, AS NENAS E NENOS DE 4 E 5 ANOS DO COLE FOMOS DE EXCURSIÓN AO MUÍÑO DE PEDROSO   PARA LEVAR A CABO VARIAS ACTIVIDADES DO OUTONO.     PRIMEIRO ELABORAMOS MARMELADA DE PLÁTANO . PARA ELO, MACHACAMOS O PLÁTANO CUN GARFO E DESPOIS ENGADIMOS MÁIS INGREDIENTES: AZUCRE E LIMÓN E...  A  COCIÑAAAAR!!! NO SEGUNDO OBRADOIRO PLANTAMOS LEITUGAS : BOTAMOS UN POUCO DE TERRA NUNHA MACETA, PUXEMOS A PLANTA, ENGADIMOS UN POUQUIÑO MÁIS DE TERRA E LISTO. AGORA  A  REGALA E A COIDALA NA CASA!!!     POR ÚLTIMO, OBSERVAMOS A CONTORNA, DESCUBRIMOS CASTAÑAS E OURIZOS E MOITAS CORES DO OUTONO NAS DISTINTAS FOLLAS.     NO SEGUINTE VÍDEO PODEDES VER TODAS AS ACTIVIDADES REALIZADAS NO MUÍÑO DE PEDROSO. ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!!!

COMEZO DO EMPRÉSTITO E COLGANTE LECTOR

Imagen
    Na primeira semana de outubro comezamos co empréstito de libros cos máis pequeniños e pequeniñas do cole de Esteiro. Para celebralo, a Pescadora de Historias deulles de agasallo:  un   COLGANTE LECTOR!!!!     Este colgante queda na casa e serve para crear un momento agradable e tranquilo de lectura cando se lea o libro emprestado da biblioteca escolar.      Ademáis, cada martes (@s nen@s de 3 anos) e cada xoves (@os nen@s de 4 e 5 anos) levarán o libro escollido  na biblioteca.       Podedes ver nas seguintes fotos, como elixen os contos e como desfrutan na biblioteca realizando unha lectura LIBRE ou DIRIXIDA:         UNHA BIBLIOTECA  DINÁMICA  E  ACTIVA!!!!!