Entradas

CONTO CONTIGO 4 ANOS: CARME

Imagen
    CARME   INVITOU A CLASE AO SEU IRMÁN NICO , Á SÚA NAI CRISTINA E AO SEU PAI JOSÉ MANUEL PARA CONTARNOS O CONTO: JANE  GOODALL .       CANDO ERA PEQUENA, A JANE GOODALL REGALÁRONLLE UN CHIMPANCÉ DE PELUCHE O QUE LLE CAMBIOU A VIDA, CONVERTÉNDOSE NA MELLOR AMIGA DOS CHIMPANCÉS E DA NATUREZA.     A TRAVÉS DESTE CONTO, TRANSMÍTENSE UNS VALORES COMO O RESPECTO AO MUNDO ANIMAL E AO MEDIO AMBIENTE.    JANE GOODALL É UNHA DAS FIGURAS MÁIS IMPORTANTES NA HISTORIA DA PRIMATOLOXÍA.    DESPOIS DO CONTO, POIDEMOS VER UN VÍDEO SOBRE ESTA MULLER E A SÚA LABOR, QUE NOS DESPERTOU MOITAS   SENSACIÓNS!!!     GUSTOUNOS MOITO CARME!!!!

O PROTAGONISTA DA SEMANA. MATEO

Imagen
Mateo veu co seu pai e a súa nai para explicarnos porque lle gustan tanto os trens. Montou unha vía e trouxo distintos tipos de trens (algúns llos compraron en Londres ou en China). Coñece todos os seus nomes, as súas características e como funcionan. Fíxonos uns  marcapáginas cun debuxo dun tren. Moitas grazas!!!

O PROTAGONISTA NA AULA DE 5 ANOS.NICOLÁS

Imagen
Esta semana tocoulle a Nico e á súa familia contarnos a que países viaxara: Portugal, Suíza, Alemaña... Tróuxonos fotos, contounos anécdotas e explicounos en que medio de transporte fora. Foi moi interesante. Moitísimas grazas!!!

A PROTAGONISTA NA AULA DE 5 ANOS. LUCÍA

Imagen
Lucía e o seu pai viñeron contar un conto moi divertido ¡Qué vienen los piratas! . Gustounos moitísimo. Deixáronnolo en clase para que o leamos no momento lector. Moitas grazas!!!!

A PROTAGONISTA DA SEMANA. ALBA

Imagen
Alba e os seus pais ensináronnos como cun papel podiamos facer un avión e un  soplamocos. Cada nena e neno fixo o seu, algúns tiñan números, outros animais, cores... Gustoulles tanto que aínda seguen facendo figuras de papel. Moitas grazas

O PROTAGONISTA DA AULA DE 5 ANOS.XAIME

Imagen
Xaime contounos moitas cousas da súa viaxe a Xapón.Falou de como eran as camas, as comidas tan diferentes que probou,palabras que aprendeu... Aprendemos moito.Moitas grazas 

OS PELIQUEIROS DE ESTEIRO

Imagen
   PARA REMATAR O ENTROIDO, OS NENOS E NENAS DE INFANTIL ELABORARON UNHA MÁSCARA DE PELIQUEIRO , POÑENDO EN VALOR A CULTURA GALEGA E AS NOSAS TRADICIÓNS.    PARA ELO, CADA NENA E NENO DEBUXOU O SEU ANIMAL FAVORITO. HOUBO MOITOS ANIMAIS: CANS , GATOS , POLVOS , LEÓNS , TIGRES , VOLVORETAS , UNICORNIOS , COELLOS , DINOSAURIOS ,...     QUEDARON CHULÍIIIIIISIMAS!!!