Entradas

A MALETA VIAXEIRA

Imagen
Na aula de 3 anos de Educación Infantil estamos a realizar unha actividade moi interesante para os nenos e nenas. A Maleta Viaxeira é unha dinámica que axuda aos pequenos e pequenas a coñecerse entre eles a través dos gustos persoais de cada un/unha. Todos os venres a maleta viaxa a unha das suas casas e á volta, o neno ou nena que a levou enseña aos demais unha serie de obxectos que despertan os seus intereses e achegan ao resto a súa bagaxe emocional. O pasado venres, o primeiro compañeiro en levar a maleta á casa mostrounos os seus obxectos, que consistían nun coche branco, aínda que todos os coches lle gustan moito, duas fotos facendo patinaxe, unha actividade que disfruta moito aínda que ten os seus riscos, según nos contou. E o libro de "Topito Terremoto" de Anna Llenas, regalo dus familiares,  que todos e todas desfrutamos un montón! Moitas gracias!! Saúdos

MAGOSTO

Imagen
   O 31 de outubro celebramos o MAGOSTO no cole. Nesa semana  vaciamos e confeccionamos diferentes cabazas na aula e decoramos os briks de leite para levar as castañas.O día da festa  merendamos castañas con leite e zume e no festival cantamos a canción "CORRE, CORRE, CABACIÑA".

SAÍDA MUÍÑO DE PEDROSO

Imagen
   Como saída do primeiro trimestre,  os nenos e nenas de 4 e 5 anos disfrutaron de diferentes obradoiros no Muíño de Pedroso:    - Obradoiro de cosmética , onde poideron observar, tocar, ulir e recortar diferentes herbas aromáticas como menta, tomillo e lavanda, facendo unhas bolsiñas de olor.    -E un obradoiro de reciclaxe , no cal  recortaron papel, mollárono,  deixárono secar, déronlle forma cuns moldes e plantaron perexil, facendo un horto ecolóxico.    Por último, descubrimos as cores e as follas do O U T O N O .

VENDIMA

Imagen
     En setembro e outubro realízase a recolección da uvas e os nenos e as nenas de infantil fixeron a súa propia vendima. Para elo levaron a clase uvas de parra das súas casas, dos avós,... e preparámonos para facer o noso mosto!!!    Primeiro desgranamos as uvas, puxémolas  no coador e as esmagamos co morteiro para facer o zume e despois fixemos a degustación... Ummmmmm!!!! Que rico!!!!!!    Por último coloreamos  coa PEL DAS UVAS!!!!