SON PROTAGONISTA: TEO

VIAXE Á ILLA DE AROUSA Teo invitou a clase ao seu pai Javie r para contarnos a súa viaxe familiar á ILLA DE AROUSA. Primeiro, mostrounos que está no sur de Galicia, que a familia foi en coche e tiveron que cruzar unha ponte. Ten praias moi bonitas, un faro e un parque onde xogaron. Quedaron nun camping, onde se pode estar en tenda de campaña ou nunha cabaña. Os nenos e nenas facían colares e pulseiras para vendelos e tamén xogaban a "Axúdame", un xogo parecido ao pilla-pilla. Na praia fixeron moitas actividades: facer castelos de area, subir ás pedaletas, facer paddel surf a andar en bici. Ademáis, colleron cristais nas praias e Teo os trouxo para que os podamos ver e tocar. Moitas grazas Teo e familia por contarnos estas vacacións tan bonitas!!!!