DÍA DA PAZ 2020

O día 30 de xaneiro todos o nenos e nenas da escola celebramos o "Día da Paz e da Non Violencia". Para conmemorar esta data realizamos un mural colectivo, onde cada neno e nena puido deixar a súa pegada en forma de folla de carballo, construíndo entre todos unha fermosa árbore.
O motivo polo que se escolleu facer unha árbore foi que coñecimos nas aulas a Wangari Maathai, política e ecoloxista á que se lle otorgou o premio Nobel da Paz no ano 2004. 
Se queredes coñecer máis sobre esta interesante muller premede na imaxe.



Ademais en cada aula escollemos unha palabra relacionada coa PAZ, decoramos unha pinga de auga con dita palabra e explicamos ao resto dos compañeiros e compañeiras do cole o seu significado. As palabras que escollimos en infantil foron: COMPARTIR, AMIZADE e COIDAR. Na presentación veredes o ben que o fixemos!




Sobre Wangari Maathai hai publicados varios contos e todos os peques de infantil limos "Wangari y los árboles de la paz", escrito por Jeannete Winter. A continuación tedes un video do conto e outro enlace onde poderedes ver o conto e un xogo relacionado co mesmo. Esperamos que vos guste e que coñezades a figura de Wangari. A nós encantounos aprendermos sobre ela :-)




Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023