PROTAGONISTA DA SEMANA: LEO O.


   LEO ONTAÑÓN: UN EXPERTO EN VIRUS E BACTERIAS.

   Leo veu acompañado dos seus pais Ana e Javier para contarnos moitas cousas interesantes sobre a vida microscópica.

   Primeiro, explicaron que hai máis virus e bacterias que persoas no mundo. As persoas temos dentro do intestino groso e delgado bacterias, pero son boas e necesarias para o organismo. En cambio, os virus son todos malos.

   Despois, contaron que o noso corpo posee un sistema inmunolóxico, que está formado por un conxunto de bichiños que nos axudan a pelexar e a defenderse dos intrusos. Forman parte deste sistema de defensa os leucocitos, tamén chamados glóbulos blancos.

   Hai de varios tipos de glóbulos blancos:

   -Leucocitos B
   -Leucocitos T
   -Neutrófilos
   -Macrófagos
   
    E nos trouxeron unha maravillosa foto para que poidéramos ver estes glóbulos blancos:

 

 
      Tamén comentaron que a VÍA DE ENTRADA dos virus e bacterias son tres:

   -Naríz
   -Mans: por iso é tan importante lavar as mans con auga e xabón, explicándonos que hai unha maneira específica de lavalas para que queden perfectas.
   -E as feridas.

   Para aprender como entra unha infección no organismo por medio dunha ferida, Leo e a súa familia fixeron unha reproducción desta situación: temos a ferida na pel, sae a sangue, entran os virus e bacterias a través da ferida, o sistema inmunolóxico do noso corpo actívase e comeza a defenserse dos intrusos e acaba formándose unha costra na ferida para que non poidan entrar máis invasores.







      Leo tamén nos ensinou os tipos de BACTERIAS que existen:

   -E coli: bacteria da caca.
   -Moho
   -Salmonela
   -Listeria



   Ademáis, Leo deu de agasallo aos seus compañeiros uns virus e bacteria, pero tranquilos, estos non fan dano ningún.



   Gracia Leo por compartir estos coñecementos con nós!!!

   LEO: UN GRAN CIENTÍFICO!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023