DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2024: TEATRO DE TÍTERES

O 24 de outubro conmemoramos o Día das Bibliotecas Escolares asisitindo a un teatro de títeres que organizou o ANPA da escola. Visitounos a compañía Mircromina cunha obra titulada "Cousas de Casa". A temática xiraba en torno á igualdade e conciliación, sobre a importancia do reparto das tarefas no fogar e a corresponsabilidade no coidado dos fillos e fillas. O xoves, todo o alumnado de educación infantil acudíu xunto con 1º e 2º de primaria a disfrutar do teatro de títeres e, ao día seguinte, participamos nun taller de igualdade, impartido por Zoila, tamén de títeres Mircromina. Moitas grazas ao ANPA do Ceip de Esteiro por programar e organizar esta actividade para todo o alumnado da escola. Esperamos que vos guste o video que, ao final, inclúe unha pequena información para que saibades algo máis sobre os títeres :-)